DANIEL
Volver

Castrapo

Sinopse

Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, volve á terra logo da morte de seu pai, con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren que Daniel con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces. Unha viaxe á súa orixe. Castrapo fala do que fomos e xa non somos e do que somos e xa non seremos. CASTRAPO é a carta de presentación da compañía coruñesa, de recente creación, Os Náufragos. Os seus integrantes, Gustavo del Río, Rebeca Vecino, Denis Gómez e Victoria Teijeiro, fan un traballo que vertebra a creación contemporánea desde a dramaturxia ata a súa posta en escena. O labor do actor/actriz na creación é o eixo fundamental da nosa proposta, así como a procura de novas linguaxes, próximas ao espectador e á actualidade. Entendemos o teatro desde o encontro e o diálogo do equipo artístico, vinculado desde hai anos e cunha linguaxe común. Unha aposta forte tamén polos creadores galegos. Os Náufragos nace con raíces fortes, cunha traxectoria consolidada dos seus integrantes e cunha vocación de proximidade co público.

Web:

https://www.facebook.com/naufragosteatro

Candidaturas

  • Espectáculo : Castrapo
  • Actor Secundario : Gustavo del Río Prieto
  • Actor Protagonista : Denis Gómez
  • Actriz Protagonista : Victoria Teijeiro
  • Maquillaxe : Os Naúfragos Teatro
  • Vestiario : Os Naúfragos Teatro
  • Iluminación : Esther Aja
  • Escenografía : Marisa de la Iglesia
  • Música Orixinal : Lilaina
  • Texto Orixinal : Gustavo del Río Prieto
  • Dirección : Gustavo del Río Prieto

Compañía

Os Naúfragos Teatro

Data estrea:

21 DE ABRIL 2017

Contacto

Descargar programa