Cranios privilexiados 1
Volver

Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira

Sinopse

Logo de vintecinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana, aquela que obriga aos dubidantes a desconfiar de todo o que os arrodea, a comezar por si mesmos, postulando ademais a existencia dun xenio maligno, tal vez un escuro funcionario da Xunta de Galicia, responsábel de os conducir por errados camiños e empurralos por derivas pouco sustentábeis desde un punto de vista racional. É hora de pensar, non queda outra. E esa é a gran pregunta. De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida desde hai dous mil quiñentos anos polo enigmático e farfallado nome de “filosofía”? “Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira”, o novo espectáculo de Mofa e Befa, proponse como un regreso ás orixes, á procura da raíz e do impulso cómico que animou a carreira destas dúas luminarias do xitanismo ilustrado.

Web:

www.facebook.com/mofaebefa

Candidaturas

  • Espectáculo : Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira
  • Actor Protagonista : Evaristo Calvo
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Vestiario : Natasha Lelenco
  • Iluminación : Octavio Mas
  • Escenografía : Natasha Lelenco
  • Texto Orixinal : Carlos Santiago e Pepe Sendón
  • Dirección : Carlos Santiago

Compañía

Producións Teatráis Excéntricas

Data estrea:

11/10/2017

Contacto

Descargar programa