Volver
Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira
Sinopse
Logo de vintecinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana, aquela que obriga aos dubidantes a desconfiar de todo o que os arrodea, a comezar por si mesmos, postulando ademais a existencia dun xenio maligno, tal vez un escuro funcionario da Xunta de Galicia, responsábel de os conducir por errados camiños e empurralos por derivas pouco sustentábeis desde un punto de vista racional. É hora de pensar, non queda outra.
E esa é a gran pregunta. De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida desde hai dous mil quiñentos anos polo enigmático e farfallado nome de “filosofía”?
“Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira”, o novo espectáculo de Mofa e Befa, proponse como un regreso ás orixes, á procura da raíz e do impulso cómico que animou a carreira destas dúas luminarias do xitanismo ilustrado.
Web:
www.facebook.com/mofaebefaCandidaturas
- Espectáculo : Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira
- Actor Protagonista : Evaristo Calvo
- Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
- Vestiario : Natasha Lelenco
- Iluminación : Octavio Mas
- Escenografía : Natasha Lelenco
- Texto Orixinal : Carlos Santiago e Pepe Sendón
- Dirección : Carlos Santiago
Compañía
Producións Teatráis Excéntricas
Data estrea:
11/10/2017