anoiva por marcos pereiro
Volver

A Noiva de Don Quixote

Sinopse

Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha. Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó no que se rebela contra a personaxe que Cervantes lle atribuíu na novela. Con humor, con ironía, con emoción e con descrenza, desvela algúns insospeitados acontecementos que non aparecen no Quixote, en especial a misteriosa historia de amor entre unha pastora que lle murmura ás ovellas e un fidalgo que le novelas de cabalarías. Pero talvez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza....

Web:

www.emedous.com

Candidaturas

  • Espectáculo : A Noiva de Don Quixote
  • Actriz Protagonista : Mercedes Castro
  • Vestiario : Mari Seoane
  • Iluminación : Anxo Graña
  • Escenografía : Javi Tirado
  • Adaptación/Tradución : Sandra Romarís Hortas
  • Dirección : Jose Carlos Garcia

Compañía

eme2 producións

Data estrea:

10/03/2017

Contacto

Descargar programa