Os agasallos
Volver

Normas para saber vivir na sociedade actual

Sinopse

Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade. O autor contemporáneo máis representado en Francia, escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso, partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe (a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias). Lagarce escribe un texto irónico, cómico e en aparencia lixeiro sobre as regras que gobernan o saber vivir na sociedade, cos seus sensentidos e hipocresías, para finalmente poñer en ridículo os nosos convencementos. Neste monólogo adaptado a cinco voces, tratarase de explicar e buscar as palabras para describir a vida e as súas leis; todas as súas accións céntranse en intentar describir, coa maior precisión, o xeito de controlar as nosas vidas. E así a linguaxe, coas súas estruturas e normas, declárase como a metáfora máis potente de todas as regras que nos demos para vivir civilizadamente. Polo tanto, non só o que di a protagonista, senón tamén a súa propia linguaxe, son autodenuncias do xeito en como estrangulamos as nosas vidas.

Web:

www.sarabelateatro.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Normas para saber vivir na sociedade actual
  • Actor Secundario : Fernando Dacosta
  • Actriz Secundaria : Fina Calleja
  • Actriz Protagonista : Elena Seijo
  • Actriz Secundaria : Sabela Gago
  • Maquillaxe : Esther Quintas
  • Vestiario : Ruth D. Peireira
  • Iluminación : Baltasar Patiño
  • Escenografía : Baltasar Patiño
  • Música Orixinal : Vadzim Yuknevich
  • Adaptación/Tradución : Nate Borrajo
  • Dirección : Ánxeles Cuña

Compañía

Sarabela Teatro

Data estrea:

23/09/2016

Contacto

Descargar programa