Un momento na viaxe
Volver

Un lugar chamado mundo

Sinopse

Unha das mellores regueifeiras da comarca queda de súpeto sen palabras. Por consello do seu avó, emprende unha viaxe polo mundo en busca de novas historias que merezan ser cantadas e contadas... Nicolai, aviador xubilado, será o seu compañeiro nesta viaxe que a levará de Galicia a Italia, China, Cuba e Senegal. A visita aos distintos continentes permitiralle achegarse a novos cheiros e sabores, a historias, músicas e danzas diversas; pero sobre todo a recoñecer o enriquecedoras que poden ser as diferenzas entre as persoas e o moito que no esencial nos parecemos. Esta inmersión na cultura doutros pobos axudaraa a crecer revalorizando a súa propia raíz, e a reflexionar sobre a necesidade de coidar este lugar chamado mundo que nos acubilla. Músicas

Web:

http://verdeveras.blogspot.com.es/p/blog-page_75.html

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Un lugar chamado mundo
  • Actor Protagonista : Tato López
  • Actriz Protagonista : María Angeles Iglesias
  • Música Orixinal : Tato López
  • Texto Orixinal : María Angeles Iglesias

Compañía

Verdeveras Expresións Artísticas

Data estrea:

15/12/2016

Contacto