Leixaprem, non me veñas con cantigas
Volver

Leixaprem, non me veñas con cantigas

Sinopse

Leixapren, non me veñas con cantigas, tomamos a Martín Codax e as súas sete cantigas a xeito de barca poética para nos abanear sobre algunhas preguntas, agardando neste caso non ao noso “amigo” senón máis ben agardando a ver se emerxe algunha resposta ou un puro silenzo , nada serio. “Cómo están as prioridades?, Buscamos algo?, Qué buscamos?, Un cable?, alguén que nos bote un cable?. As cousas son como son? Ou son como nolas contan?, qué é o cerne?, úlo?, atendemos ó noso amigo? Ou movémonos?...” Xogamos con tres espazos a habitar: un virtual, outro no palco e outro fóra do palco. Presentamos a tres homes en escena, e unha muller no “quicio do escenario, do palco”. Eles buscan, esperan, desesperan, quérense explicar, van a caza de... respostas, de un lugar onde ir, onde situarse, onde colocalas súas cousas…. Ela manexa, imprime movemento nun dos mundos, dos espazos xogados; dese manexo emerxen virtualmente esoutras mulleres das que fixo uso M.C, posibilitando a expresión delas mesmas. Eles “agradan”…, elas móvense.

Web:

www.aartistica.net

Candidaturas

  • Espectáculo : Leixaprem, non me veñas con cantigas
  • Actor Protagonista : Manuel Polo
  • Actor Protagonista : Diego Buceta
  • Actor Protagonista : Alfredo Rodriguez
  • Actriz Protagonista : Laura Iturralde
  • Vestiario : La Canalla
  • Iluminación : Salvador del Rio
  • Escenografía : A Artistica
  • Texto Orixinal : Olga Cameselle
  • Dirección : Olga Cameselle

Compañía

A Artistica

Data estrea:

11 de novembro do 2016

Contacto

Descargar programa