Inishmaan
Volver

O tolleito de Inishmaan

Sinopse

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro. Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

Web:

http://www.contraproducions.com/espectaculo/o-tolleito-de-inishmaan/

Candidaturas

  • Espectáculo : O tolleito de Inishmaan
  • Actor Secundario : Ricardo de Barreiro
  • Actor Secundario : Marcos Pereiro
  • Actor Secundario : Luis Iglesia
  • Actor Secundario : Evaristo Calvo Premiado/a
  • Actriz Secundaria : Susana Dans
  • Actriz Secundaria : Ana Santos
  • Actriz Secundaria : María Roja Premiado/a
  • Actor Protagonista : Santi Romay Premiado/a
  • Maquillaxe : Martina Cambeiro
  • Vestiario : Carlos Alonso / Belén Pichel
  • Iluminación : Afonso Castro Premiado/a
  • Escenografía : Carlos Alonso
  • Música Orixinal : Guillerme Fernández
  • Adaptación/Tradución : Cándido Pazó / Santi Romay / Alberto Rodríguez Premiado/a
  • Dirección : Cándido Pazó

Compañía

Contraproducións SL / FIOT Carballo

Data estrea:

15/10/2016

Contacto

Descargar programa