Os amores de Jacques 1
Volver

Os amores de Jacques o fatalista

Sinopse

Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar máis próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo contanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo mundo. Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante. Como fan algúns homes. Bastantes. Este paraíso masculino "estrágase" cando aparece en escena a Pousadeira. Ela é tan falangueira como Jacques e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres e os homes sen importarlle moito que a escoiten os homes. Estes contos, interrompidos constantemente polos outros, como acontece nas mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o enamoramento e a sedución, entre o sentimento e o instinto, entre a paixón e a violencia, entre o engano e o enxeño, entre o insulto e a liberdade de expresión, entre o nefando pecado do adulterio e a libre circulación de fluidos...en definitiva, sobre os amores. Tamén se tratarán temas importantes como a dominación de clase, a prostitución, a amizade, o roubo, a coraxe, a poesía e o tabaco.

Web:

www.excentricas.net

Candidaturas

  • Espectáculo : Os amores de Jacques o fatalista
  • Actor Secundario : Marcos Orsi
  • Actor Secundario : Piti Sanz
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Actriz Protagonista : María Costas
  • Vestiario : Vaello
  • Iluminación : Octavio Más
  • Escenografía : Marcelino de Santiago "Kukas"
  • Música Orixinal : Piti Sanz
  • Adaptación/Tradución : Quico Cadaval
  • Dirección : Quico Cadaval

Compañía

Producións Teatráis Excéntricas SL

Data estrea:

29/01/2016

Contacto

Descargar programa