goldilibre_pintadas
Volver

Goldi Libre

Sinopse

Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de xoves ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia. Un traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, cumprindo a condena no cárcere da Coruña. Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista. Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral. Goldi libre é, tamén, o primeiro proxecto que xorde da Berberecheira, un criadeiro teatral promovido e custodiado por Chévere co obxectivo de ampliar a documentación escénica de feitos e historias que conformaron e seguen dando forma ao mundo no que nos tocou vivir. Vídeo

Web:

http://redenasa.tv/gl/residencias/goldi-libre/

Candidaturas

  • Espectáculo : Goldi Libre
  • Actor Protagonista : César Goldi
  • Iluminación : Fidel Vázquez
  • Texto Orixinal : César Goldi, Xron, Manuel Cortés
  • Dirección : Xron

Compañía

Chévere-A Berberecheira

Data estrea:

13/10/2016

Contacto

Descargar programa