Chove?
Volver

Danza da choiva

Sinopse

Chove. A auga da choiva é recollida en recipientes de metal esparcidos polo espazo. Escoitase un galo cantar. Chegan dúas personaxes. Recollen verduras da horta e sementan cereais. Espantan un bando de paxaros que tenta comer as sementes que acaban de botar á terra e chantan un espantallo na horta para protexer o cultivo. Ao regar, decátanse de que non lles queda auga. Agardan que chova, pero non chove... O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto. Bailan unha “Danza da choiva” coa esperanza de facer chover. Choverá?

Web:

http://elefanteelegante.net/GL/espectaculo-detalle/Danza

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Danza da choiva Premiado/a
  • Actor Protagonista : Gonçalo Guerreiro
  • Actriz Protagonista : María Torres
  • Vestiario : Marcia Edleditch
  • Iluminación : Dani Pais
  • Escenografía : María Torres e Gonçalo Guerreiro
  • Música Orixinal : Mano Panforreteiro
  • Texto Orixinal : María Torres e Gonçalo Guerreiro
  • Dirección : María Torres e Gonçalo Guerreiro

Compañía

Elefante Elegante

Data estrea:

16/04/2016

Contacto

Descargar programa