PALABRAS MALDITAS
Volver

Palabras Malditas

Sinopse

“Palabras malditas” é un espectáculo teatral sobre a amizade ou, se cadra, sobre o amor máis alá das circunstancias, das persoais e das conxunturais, máis alá da propia natureza ou do momento histórico que toque vivir. Na escura España da posguerra, dous seres marxinados esfórzanse por atopar a felicidade. Un expulsado e perseguido profesor experto en poesía francesa e unha prostituta coinciden nunha sórdida pensión da Coruña, nos anos corenta, en plena época de represión e asasinatos. A pesar das aparentes diferencias que os separan, se aferran o un ao outro como a única táboa de salvación no inmenso océano da soidade. E entre os dous formarán un tándem pletórico de inspiración e creatividade, xerando as voces poéticas máis excelsas das seguintes dúas décadas.

Web:

www.teatrodonoroeste.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Palabras Malditas
  • Actriz Secundaria : Luma Gómez
  • Actriz Secundaria : Imma António
  • Actor Protagonista : Miquel Insua
  • Actriz Protagonista : Sara Casasnovas
  • Actriz Protagonista : Manuela Varela
  • Maquillaxe : Dolores Centeno
  • Vestiario : Paco Conesa
  • Iluminación : Eduardo Alonso
  • Escenografía : Paco Conesa
  • Música Orixinal : Fernando Alonso
  • Texto Orixinal : Eduardo Alonso
  • Dirección : Eduardo Alonso

Compañía

Teatro do Noroeste

Data estrea:

15-01-2016

Contacto

Descargar programa