Monólogo do imbécil
Volver

Monólogo do Imbécil

Sinopse

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí... coma un imbécil”. Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

Web:

http://emedous.com/espectaculo/monologo-do-imbecil/

Candidaturas

  • Espectáculo : Monólogo do Imbécil
  • Actor Protagonista : Xosé A. Touriñán
  • Vestiario : Mari Seoane
  • Iluminación : Anxo Graña
  • Texto Orixinal : Jose Prieto
  • Dirección : Jose Prieto

Compañía

eme2 producións

Data estrea:

01 ABRIL DE 2016

Contacto