UNHAS POUCAS PICADELAS
Volver

Unhas Poucas Picadelas

Sinopse

En Unhas poucas Picadelas, a autora afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres: violencia machista. A orixinalidade da súa proposta radica en que non hai unha historia concreta ou, mellor dito, a aparente falta de historia, de narración, semella convidarnos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas. É unha obra de imaxes contemporáneas de ánimas en pena, algunhas iluminadas polos medios de comunicación, mais a maioría, agochadas pola escuridade do anonimato. O detonante da peza é un recorte dun xornal que narra a nova do que foi un asasinato dunha muller por parte da súa parella, ou como se lle queira chamar a este tipo de homes. Isto deu lugar ao cadro homónimo de Frida Khalo de 1935, no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo coitelo dun home que mira para ela. Destila o título a idea de que “non foi para tanto”, vaia, que non foron máis ca unhas poucas picadelas… Curioso, pero real. Parece que a culpa de morrer é de quen morre… A partir dese elemento que pode parecer anecdótico, pero que non o é, a autora propón unha reflexión directa e intelixente sobre a cuestión, metendo o dedo na chaga de moitos dos tópicos que, por desgraza, seguen a amparar – ou, moitas veces a ignorar- este tipo de comportamentos violentos.

Web:

www.teatrodeningures.com

Candidaturas

  • Actor Protagonista : Machi Salgado
  • Actriz Protagonista : Casilda Alfaro
  • Maquillaxe : Ningures
  • Vestiario : Julia Abal
  • Iluminación : Salvador del Río
  • Escenografía : Pablo Giráldez "O Pastor"
  • Música Orixinal : Anxo Graña
  • Adaptación/Tradución : Xosé Manuel Pazos
  • Dirección : Etelvino Vázquez
  • Actriz Secundaria : Pepa Barreiro
  • Espectáculo : Unhas Poucas Picadelas

Compañía

Teatro de Ningures

Data estrea:

4/11/2015

Contacto

Descargar programa