ananos en escena
Volver

Ultranoite no país dos ananos

Sinopse

O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Para retratar esta terra servímonos da compañía de dous autores emparentados polo seu mal humor e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro. Esta Ultranoite ten un estómago e un corazón. Co estómago na man fixemos uns sketches inzados de tópicos, chascarrillos e lugares comúns para ceibar unhas risas cómplices. A corazón aberto ofrecemos unha presa de músicas e cancións sen lugar para esperanza, pero dun lirismo, unha beleza e unha contundencia incomprensiblemente arrebatadoras.

Web:

http://redenasa.tv/gl/pais-dos-ananos/

Candidaturas

  • Vestiario : Carlos Alonso Premiado/a
  • Iluminación : Fidel Vázquez
  • Escenografía : Carlos Alonso
  • Música Orixinal : Xacobe Martínez Antelo Premiado/a
  • Texto Orixinal : Manuel Cortés Premiado/a
  • Actor Secundario : César Goldi Premiado/a
  • Actor Secundario : Miguel de Lira
  • Actor Secundario : Xesús Ron
  • Actriz Secundaria : Arantza Villar
  • Actriz Secundaria : Mónica García
  • Actriz Secundaria : Patricia de Lorenzo
  • Dirección : Chévere

Compañía

Chévere

Data estrea:

2014-03-31

Contacto

  • http://www.grupochevere.eu/

Descargar programa