Volver

Emigrados

Sinopse

unha peza na que se fala do acontecemento socioeconómico máis relevante e significativo polo que pasou Galiza ao longo do século XX, a partir de textos de cinco creadores galegos contemporáneos. Autores: Cándido Pazó, Xosé Manuel Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumai e Sonia Torre. Dirección: Etelvino Vázquez. É a todas luces incontestable que o fenómeno da emigración constitúe o acontecemento socioeconómico máis relevante e significativo polo que pasou o noso país ao longo do século XX. Así, a partir de textos de cinco creadores de agora 'Cándido Pazó, Xosé Manuel Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumai e Sonia Torre' Teatro de ningures estrea esta montaxe ideada como un mosaico de pezas engarzadas. Pezas que, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nitidamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de exilio. Unha oportunidade única para falar dun tema moi próximo, tratado dende a axilidade da linguaxe contemporánea e dende a ironía como vehículo de expresión e, sobre todo, dende a proximidade a todas aquelas persoas que viviron 'sufriron' nas súas carnes o desenraizamento que supón a abandono forzado do que é propio.

Candidaturas

  • Actor Secundario : Fran Paredes
  • Actor Secundario : Santiago Cortegoso
  • Actor Protagonista : Salvador del Río
  • Actriz Secundaria : Mónica Camaño Premiado/a
  • Actriz Secundaria : Sonia Rúa
  • Actriz Protagonista : Casilda García
  • Adaptación/Tradución : Xosé Manuel Pazos e Etelvino Vázquez
  • Dirección : Etelvino Vázquez
  • Escenografía : Pablo Giráldez "Pastor"
  • Espectáculo
  • Iluminación : Etelvino Vázquez
  • : Ningures
  • Música Orixinal : Anxo Graña
  • Texto Orixinal : Anxos Sumai, Cándido Pazó, Sonia Torre, Suso de Toro, Xosé Manuel Pazos
  • Vestiario : Carlos Alonso

Compañía

Teatro de Ningures