Volver

Castronós; O baile

Sinopse

Unha simbiose de músicas, fala e danza que nos sitúa historicamente diante do que fomos dun xeito didáctico para coñecer o que somos na actualidade e ao que podemos aspirar no futuro. O espectáculo “Castronós, o Baile” ten dúas estructuras básicas coas que se traballou. Unha está baseada nun estudo ou “vaciado musical” dos últimos cen anos en Galicia co que respecta á musica lixeira ou de salón de baile e outra ten como eixo fundamental as imaxes dramáticas e de movemento paralelas ao contexto histórico que este espectáculo abrangue. Se unificamos estas dúas liñas de acción podemos falar dunha estructura base dividida en cinco cadros. Transitados polo espíritu da sala, do espacio valeiro, do salón cheo de recordos, de estampas, ….de vida, de vidas.

Candidaturas

  • Actor Secundario : Alfredo Rodríguez
  • Actor Secundario : Marcos Correa
  • Actor Secundario : Toni Salgado
  • Actor Secundario : Xóse Manuel Esperante
  • Actriz Secundaria : Carmela Bueno
  • Actriz Secundaria : Olga Cameselle
  • Actriz Secundaria : Rocío González
  • Actriz Protagonista : Pepa Barreiro
  • Actriz Protagonista : Pepa Yáñez
  • Dirección : Xan Cejudo
  • Escenografía : Sabela
  • Espectáculo
  • Iluminación : Paco de pinc
  • Maquillaxe : Martina Cambeiro
  • Texto Orixinal : Xabier Picallo
  • Vestiario : La Canalla Premiado/a

Compañía

A Factoria Teatro