Volver

A Piragua

Sinopse

Reunión da comunidade de propietarios dun edificio. No momento dos rogos e preguntas un propietario protesta porque hai un veciño que ten unha piragua na súa praza de garaxe. A comunidade divídese nos seus pareceres: nin os estatutos da comunidade nin a Lei de Propiedade Horizontal din nada sobre o uso específico das prazas de garaxe pero, segundo argumentan outros propietarios, as cousas son como son, como teñen que ser, e é obvio e natural que as prazas de garaxe foron creadas para ter nelas vehículos automóbiles. Acompañando á comunidade no desenvolvemento desta desavinza, que se prolonga durante varios días, imos descubrindo, xunto co resto das personaxes, que nunha das vivendas está a desencadearse unha situación de violencia doméstica. É unha situación que sempre existiu dunha maneira máis ou menos larvada pero que ultimamente está intensificándose, ou cobrando máis visibilidade, debido á nova actitude da vítima. Trátase dunha muller que, farta de aguantar e ante unha progresiva toma de conciencia, decide enfrontarse para establecer unhas novas regras de xogo: as cousas poden e deben ser doutra maneira.

Candidaturas

  • Actor Secundario : César Martínez "Goldi"
  • Actor Secundario : Marcos Orsi
  • Actor Secundario : Ricardo de Barreiro
  • Actor Protagonista : Xose Manuel Oliveira "Pico"
  • Actriz Secundaria : Iolanda Muiños
  • Actriz Secundaria : Marián Bañobre
  • Actriz Protagonista : Susana Dans Premiado/a
  • Dirección : Cándido Pazó
  • Escenografía : Carlos Alonso
  • Espectáculo
  • Iluminación : Afonso Castro Premiado/a
  • : Dolores Centeno
  • Música Orixinal : Manuel Riveiro Hermo Premiado/a
  • Texto Orixinal : Cándido Pazó Premiado/a
  • Vestiario : Carlos Alonso

Compañía

CDG