Volver

A Charca Inútil

Sinopse

Atopámonos diante dunha proposta moi especial: fermosa, chea de tenrura e humor, ao tempo que dura e profunda; unha escrita plena de sensibilidade que, como espectadores, levaranos a transitar camiños absolutamente imprevisíbeis. Desola ofrécenos un texto de moi alta calidade dentro dunha orixinal estrutura dramática e, xunto con iso, sitúanos nunha inquietante e conmovedora paisaxe humana. Personaxes adultos, fráxiles cal cativos, golpeados polas circunstancias que a vida lles impuxo, andan á procura dun burato que lles permita crer que existe a luz ao remate do túnel. A dureza da perda é abordada polos personaxes de Desola desde a creación de mundos paralelos, nunha fuxida cara adiante á procura desesperada dun espazo de felicidade que lles permita seguir avanzando, que lles permita intuír un novo horizonte para as súas castigadas realidades. Tal vez un espellismo?. Se cadra. Ou non. Paga a pena intentalo. Ao remate do espectáculo os espectadores tamén han crer que, malia todo, podemos ser felices.

Web:

http://www.teatrodoatlantico.com

Candidaturas

  • Música Orixinal : Anxo Graña
  • Actor Secundario : Gonzalo M. Uriarte
  • Actor Protagonista : Marcos Viéitez
  • Actriz Protagonista : María Barcala
  • Vestiario : Susa Porto
  • Adaptación/Tradución : Xosé Manuel Pazos Varela Premiado/a
  • Iluminación : Xúlio Lago
  • Dirección : Xúlio Lago
  • Espectáculo

Compañía

Teatro do Atlántico

Contacto