Volver

Tango

Sinopse

O tango do título é un baile-reto no que se amosan as relacións internas dunha familia, concibida como metáfora da sociedade e que serven para amosar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional. "Tango" é unha das obras máis relevantes do teatro europeo en todo o mundo. Reclama a necesidade dunha nova comprensión dos tempos que vivimos. A acción desenvólvese na casa dunha familia moi particular. A extravagante avoa Lilith e a tía Xena, aparentemente inofensiva, son as representantes da xeración máis vella. O pai, de nome Stomil e a nai, Eleanora, son artistas que pertencen a unha vangarda desaparecida, que se manifesta a favor da liberdade do individuo e que se comporta de xeito descoidadamente "informal". O fillo, Artur, que estuda tres carreiras, e Ala, a súa moza, son os membros máis novos. Prepáranse para casar con toda a "pompa" e crear así unha nova familia. Porén, primeiro Artur cre que ten que ordenar o caos que impera ao seu redor. Tamén habita a casa un misterioso estranxeiro...

Web:

http://www.sarabelateatro.com/obras-cartel/c-tango.html

Candidaturas

  • Maquillaxe : Raquel Fidalgo
  • Vestiario : Ruth D. Pereira
  • Iluminación : Pedro Fresneda
  • Adaptación/Tradución : Ánxeles Cuña Bóveda
  • Escenografía : Pedro Fresneda
  • Actriz Secundaria : Elena Seijo
  • Actriz Secundaria : Fina Calleja
  • Actriz Secundaria : Nate Borrajo
  • Actor Secundario : Lino Braxe
  • Actor Secundario : Vicente de Souza Premiado/a
  • Actriz Protagonista : Sabela Gago
  • Actor Protagonista : Fernando Dacosta
  • Dirección : Ánxeles Cuña Bóveda
  • Espectáculo

Compañía

Sarabela Teatro

Contacto