Asóciate!

Colabora na defensa e reivindicación da nosa profesión e benefíciate das vantaxes de ser parte da Asociación

Quen pode afiliarse?

Actores/actrices, directores/as titulados en calquera Escola de Arte Dramática oficial ou centro recoñecido relacionado coa súa especialidade. Aqueles/as actores/actrices, directores/as que poidan demostrar mediante currículo a súa experiencia profesional no oficio.

Que documentación teño que enviar?

Aquelas persoas que desexen formar parte da Asociación deberán cubrir a ficha de solicitude de alta que figura nesta páxina e enviala xunto cun currículo vitae, fotografías recentes e certificación de ter experiencia laboral como profesional (fotocopias de nóminas, contratos, certificados de empresa, TC’s, etc…) ou titulación en Arte Dramática á oficina da Asociación. A documentación aportada será valorada pola Xunta Directiva, sendo esta a que decida a integración na AAAG do solicitante.

Cales son as cotas mensuais?

As actividades da Asociación susténtanse principalmente en base ás cotas abonadas trimestralmente por domiciliación bancaria polos seus socios (cun importe de 33,24 €, cunha cota de inscrición única para ser dado de alta de 40,00 € unha vez que o solicitante sexa aceptado coma socio pola Xunta Directiva), e tamén por axudas, legados, subvencións de organismos oficiais, entidades públicas ou privadas ou persoas individuais.

Os teus datos persoais
Sobre a túa profesión
Documentación necesaria
Lembra que son válidos todos os documentos que certifiquen que tes experiencia laboral e/ou profesional (fotocopias de nóminas, contratos, certificados de empresa, TC’s, etc…) ou titulación en Arte Dramática. Esta documentación será valorada pola Xunta Directiva para o teu ingreso na Asociación.