En colaboración coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e co apoio da Fundación AISGE convocamos este taller impartido pola directora de escena e dramaturga galega Noemí Rodríguez e a coreógrafa e bailarina madrileña Amaya Galeote,dirixido a profesionais da interpretación, a danza, a dramaturxia e a dirección de escena.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
“Ximnasio actoral, o gym das emocións” con Mónica Portillo.
Co patrocinio da Fundación AISGE e coa colaboración da Fundación SGAE presentamos este obradoiro do 28 ao 31 de outubro en Santiago de Compostela
Obradoiro de Introdución ao traballo con arquetipos, con Nekane Fernández
En colaboración co FETEGA (Festival de Teatro Galego do Carballiño) e co patrocinio Fundación AISGE, presentamos este taller de 12 horas facilitado pola psicóloga e actriz Nekane Fernández, que terá lugar no Carballiño a fin de semana do 24 e 25 de agosto
“Escena e realidade – práctica e experiencia’” con Alicia Laguna (Teatro Línea de Sombra, México).
En colaboración coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e co patrocinio da Fundación AISGE presentamos este taller de 12 horas dirixido a intérpretes profesionais, que terá lugar do 19 ao 21 de xullo dentro da programación da MIT
Obradoiro de creación escénica con Ibuprofeno Teatro
En colaboración coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e co patrocinio da Fundación AISGE presentamos este taller de 15 horas, que terá lugar do 22 ao 24 de xullo dentro da programación da MIT.
Curso de creación teatral con Diego Lorca (Titzina Teatro)
Baixo o patrocinio da Fundación AISGE e coa colaboración da AGADIC-Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura, convocamos este obradoiro do 3 ao 6 de xuño en Santiago de Compostela
“Taller de linguaxe inclusiva” con Llerena Perozo. 15 e 17 de outubro en Santiago
Dirixido a profesionais da interpretación e da escena, neste taller traballarase especificamente arredor das características concretas da profesión en relación á comunicación pública, tanto para mellorar a eficacia da mesma como para acadar o maior nivel de inclusividade posible. Contamos co inestimable patrocinio da Fundación AISGE para a realización deste obradoiro.
Imaxes e actuación: Traballo co imaxinario. Taller con Laila Ripoll. Do 16 ao 20 de xullo / Ribadavia
Laila Ripoll tratará míticas formulacións propias da fantasía. Achegarse a estes personaxes con absoluta liberdade, investigar, buscar polos carreiros da imaxinación e nutrir o noso imaxinario para chegar a construílos coa máxima riqueza, será o obxectivo do taller. Colaboramos coa MIT Ribadavia e contamos co inestimable patrocinio da fundación AISGE para a realización deste obradoiro.
“Corpos que escriben, mentes que accionan". Laboratorio/taller de creación con Teatro En Vilo. Santiago de Compostela 9 e 10 de xuño
Este taller quere ser un marco de aprendizaxe, adestramento e investigación para todos aqueles que desexen enfrontarse ao reto de crear o seu propio traballo, facendo especial fincapé na acción e o movemento como ferramentas fundamentais nos procesos de creación do/a actor/actriz.