“Gimnasio actoral, el gym de las emociones” con Mónica Portillo. Del 28 al 31 de mayo en Santiago de Compostela

Etiquetas:

Introdución, por Mónica Portillo

“Después de mi formación en Nueva York en el Studio de Susan Batson nace en mí la necesidad y las ganas de potenciar esa idea en los actores de aquí: El training continuo como barra del actor.

Mi propuesta es un remix de lo que más me ha funcionado del aprendizaje allí con otras técnicas o estructuras que ya me funcionaban. A grandes rasgos la estructura más técnica del actor es formación mía previa en mi licenciatura pero todo el aprendizaje de la biografía emocional propia es la descubierta allí en Estados Unidos. Creo que la combinación de ambas es la perfecta práctica para el actor y su entrenamiento continuo.”

“La necesidad del actor es crear no imitar. El actor tiene que decir la verdad” (Truth, Susan Batson)

Contidos

Sesión 1: Ximnasio actoral (Adestramento actoral): Gym das emocións. A clase pretende ser un adestramento que mantén en forma o instrumento do/a intérprete a todos os niveis. Desde o difícil proceso de resolución e rapidez nunha audición como as dificultades para conectar coa emoción ou co personaxe. “A práctica continua e o adestramento guíannos ao dominio do instrumento -o actor/a actriz-.”

Bases do traballo:

- O actor/a actriz e a verdade

- Procura da interpretación tridimensional

- Dualidade entre a necesidade insatisfeita e a persoa pública que construímos para escondela

- Flexibilidade emocional

Estrutura base adestramento da sesión

- Conciencia

- Círculo de liberación e conexión

- Flexibilidade emocional

- Texto

Sesión 2: Ximnasio actoral (Adestramento actoral): Cápsulas biográficas

A miña formulación de desenvolver estas cápsulas (baseado en DYOM de Susan Batson) nace despois de reflexionar sobre as ferramentas que calquera intérprete ten que ter a man a modo de cociña dunha maneira absolutamente práctica para poder elaborar calquera receita que se lle presente.

Partindo da flexibilidade que o actor/a actriz necesita para dominar a capacidade total do seu instrumento para poder usalo en cada momento, creo que traballando unha serie de cápsulas se pode ligar máis facilmente co punto emocional que cada actor/actriz necesita ter a lume lento para poder poñer a 100 cando o desexe. Nestas cápsulas biográficas o intérprete descubrirá ferramentas e detonantes para conectar con todo a súa ser e todo o seu potencial do eu persoa que pon ao servizo e como agasallo ao seu eu actor/actriz.

Basicamente trátase de quitar as máscaras que acumulamos da nosa vida e a nosa biografía para poder traballar con iso desde un sitio máis sincero e honesto, partindo da nosa verdade. Recuperar noso eu pequeno-animal.

A clave do traballo é imaxinación, intimidade, creatividade e psicoloxía para desenvolver e refinar o instrumento artístico de cada actor/actriz na totalidade do proceso.

Mediante unha serie de cápsulas explórase e investiga sobre a dualidade que hai en calquera ser humano: a necesidade insatisfeita (a vulnerabilidade) e a persoa pública (a máscara para cubrir esa necesidade).

O obradoiro só é unha aproximación pois o traballo das cápsulas é consecutivo e pásase dunha a outra. Hai unha primeira rolda de cápsulas de biografía persoal e despois cun personaxe para cada actor/actriz (na totalidade do proceso).

Bases do traballo:

- A verdade

- A intimidade (intimidade en cuarta parede)

- Cada actor/actriz ten que encontrar as súas ferramentas e os seus ancoraxes emocionais

- Imaxinación

- Desbloqueo emocional

Mónica Portillo

Mónica Portillo é unha actriz licenciada en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona, continúa os seus estudos en técnica de cámara en Madrid (master en UNIR escola de Actores) e compaxínao á súa vez con workshops con Clara Segura e Julio Manrique entre outros. Máis tarde vaise a estudar a Estados Unidos, a Nova York no Susan Batson Studio recibindo coaching da mesma Susan Batson, Cloe Xhauflaire e Carl Ford entre outros. Despois da súa formación e todo o descubrimento emocional-actoral que potencia e perfecciona a técnica do actor, xa sexa en cámara ou en escenario, interésase e anima para transmitir a idea do Ximnasio Emocional do Actor en Barcelona e Madrid, cunha proposta de coaching para actores.

Como actriz, a parte da súa traxectoria no teatro “ off” de Barcelona e Madrid e a creación da súa propia Compañía Bratislava Teatro, no 2015 entra na ITNC, Nova Compañía do TNC de Barcelona, e meses despois, na Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico de Madrid. Tamén participou en montaxes como: "Préstame tus palabras" da JCNTC, "Tirante el Branco" de Pere Planella no TNC; "La Gran Duquessa de Gerolstein" de Jacques Offenbach dirixida por Víctor Álvaro, IMe no Pequeno Teatro da Gran Vía entre outros. En televisión o seu papel destacado foi interpretar a Humildad na serie de TVE “Acacias 38”.

Datas e duración:

Do 28 ao 31 de maio de 2018, en horario de 15h a 19h. 16 horas

Lugar:

Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. http://goo.gl/maps/LO3pb

Prazas e selección do alumnado:

Este obradoiro ten 15 prazas. A admisión no obradoiro farase mediante valoración por parte da docente do cv e dunha carta de motivación que teredes que anexar á vosa solicitude de inscrición, ou enviala á caixa de correo info@aaag.es.

Prezo:

Socixs AAAG e /ou AISGE: 60 euros

Se levas no paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vida laboral para accederes a este desconto.

Non socixs: 90 euros

Inscrición:

Desde o 14 de maio ata o 21 de maio ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina

Se es socix da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o 23 de maio. De haber máis solicitudes que prazas constituirase unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pagamento. No caso de que algunha das persoas admitidas non o efectúe nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.