“Ximnasio actoral, o gym das emocións” con Mónica Portillo. Do 28 ao 31 de maio en Santiago de Compostela

Etiquetas:

Introdución, por Mónica Portillo

“Después de mi formación en Nueva York en el Studio de Susan Batson nace enmí la necesidad y las ganas de potenciar esa idea en los actores de aquí: Eltraining continuo como barra del actor.

Mi propuesta es un remix de lo que más me ha funcionado del aprendizajeallí con otras técnicas o estructuras que ya me funcionaban. A grandes rasgosla estructura más técnica del actor es formación mía previa en mi licenciaturapero todo el aprendizaje de la biografía emocional propia es la descubiertaallí en Estados Unidos. Creo que la combinación de ambas es la perfectapráctica para el actor y su entrenamiento continuo.”

“La necesidad del actor es crear no imitar. El actor tiene que decir laverdad” (Truth, Susan Batson)

Contidos

Sesión 1: Ximnasioactoral (Adestramento actoral): Gym das emocións. A clase pretende ser unadestramento que mantén en forma o instrumento do/a intérprete a todos osniveis. Desde o difícil proceso de resolución e rapidez nunha audición como asdificultades para conectar coa emoción ou co personaxe. “A práctica continua eo adestramento guíannos ao dominio do instrumento -o actor/a actriz-.”

Bases do traballo:

- O actor/a actriz e a verdade

- Procura da interpretación tridimensional

- Dualidade entre a necesidade insatisfeita e a persoapública que construímos para escondela

- Flexibilidade emocional

Estrutura base adestramento da sesión

- Conciencia

- Círculo de liberación e conexión

- Flexibilidade emocional

- Texto

Sesión 2: Ximnasioactoral (Adestramento actoral): Cápsulas biográficas

A miña formulación dedesenvolver estas cápsulas (baseado en DYOM de Susan Batson) nace despois de reflexionar sobre asferramentas que calquera intérprete ten que ter a man a modo de cociña dunhamaneira absolutamente práctica para poder elaborar calquera receita que se llepresente.

Partindo daflexibilidade que o actor/a actriz necesita para dominar a capacidade total doseu instrumento para poder usalo en cada momento, creo que traballando unhaserie de cápsulas se pode ligar máis facilmente co punto emocional que cadaactor/actriz necesita ter a lume lento para poder poñer a 100 cando o desexe.Nestas cápsulas biográficas o intérprete descubrirá ferramentas e detonantespara conectar con todo a súa ser e todo o seu potencial do eu persoa que pon ao servizo e como agasallo ao seu eu actor/actriz.

Basicamente trátasede quitar as máscaras que acumulamos da nosa vida e a nosa biografía para podertraballar con iso desde un sitio máis sincero e honesto, partindo da nosaverdade. Recuperar noso eu pequeno-animal.

A clave do traballo éimaxinación, intimidade, creatividade e psicoloxía para desenvolver e refinar oinstrumento artístico de cada actor/actriz na totalidade do proceso.

Mediante unha seriede cápsulas explórase e investiga sobre a dualidade que hai en calquera serhumano: a necesidade insatisfeita (a vulnerabilidade) e a persoa pública (amáscara para cubrir esa necesidade).

O obradoiro só é unhaaproximación pois o traballo das cápsulas é consecutivo e pásase dunha a outra.Hai unha primeira rolda de cápsulas de biografía persoal e despois cunpersonaxe para cada actor/actriz (na totalidade do proceso).

Bases do traballo:

- A verdade

- A intimidade(intimidade en cuarta parede)

- Cada actor/actriz tenque encontrar as súas ferramentas e os seus ancoraxes emocionais

- Imaxinación

- Desbloqueo emocional

Mónica Portillo

Mónica Portillo é unha actriz licenciadaen Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona, continúa os seusestudos en técnica de cámara en Madrid (master en UNIR escola de Actores) ecompaxínao á súa vez con workshops con Clara Segura e Julio Manrique entreoutros. Máis tarde vaise a estudar a Estados Unidos, a Nova York no SusanBatson Studio recibindo coaching damesma Susan Batson, Cloe Xhauflaire e Carl Ford entre outros. Despois da súaformación e todo o descubrimento emocional-actoral que potencia e perfecciona atécnica do actor, xa sexa en cámara ou en escenario, interésase e anima paratransmitir a idea do Ximnasio Emocionaldo Actor en Barcelona e Madrid, cunha proposta de coaching para actores.

Como actriz, aparte da súa traxectoria no teatro “ off” de Barcelona e Madrid e a creación dasúa propia Compañía Bratislava Teatro, no2015 entra na ITNC, Nova Compañía do TNCde Barcelona, e meses despois, na Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico deMadrid. Tamén participou en montaxes como: "Préstame tus palabras" daJCNTC, "Tirante el Branco" de Pere Planella no TNC; "La GranDuquessa de Gerolstein" de Jacques Offenbach dirixida por Víctor Álvaro,IMe no Pequeno Teatro da Gran Vía entre outros. En televisión o seu papel destacadofoi interpretar a Humildad na serie de TVE “Acacias 38”.

Datas e duración:

Do28 ao 31 de maio de 2018, en horario de 15h a 19h. 16 horas

Lugar:

Sededa Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. http://goo.gl/maps/LO3pb

Prazas e selección doalumnado:

Esteobradoiro ten 15 prazas. A admisión no obradoiro farase mediante valoración porparte da docente do cv e dunha carta de motivación que teredes que anexar ávosa solicitude de inscrición, ou enviala á caixa de correo info@aaag.es.

Prezo:

Socixs AAAG e /ou AISGE: 60euros

Se levas no paro 6meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% noprezo. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vida laboralpara accederes a este desconto.

Non socixs: 90 euros

Inscrición:

Desde o 14 de maio atao 21 de maio ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina

Sees socix da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer“inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” doteu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o 23 de maio. De haber máis solicitudesque prazas constituirase unha lista de espera.

Na mesma comunicación deadmisión indicarase a forma e datas de pagamento. No caso de que algunha daspersoas admitidas non o efectúe nas datas indicadas, a súa praza seráadxudicada á seguinte persoa na lista.

De non acadar solicitudessuficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.