Curso de Técnica Suzuki Impartido por Petra Hofmann. 17 e 18 de febreiro.

Etiquetas:

O suzuki é un adestramento xaponés que inventou o director Tadashi Suzuki nos anos oitenta como exercicio dinámica para o seu propio equipo de actores. O seu traballo corporal moi forte e dinámico está baseado en rituais arcaicos e traballa conxuntamente o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación.

Introdución:

Este curso está orientado a estudantes e profesionais das artes escénicas: actores, bailaríns, performers etc. para afondar no seu corpo consciente e enerxético. En cada sesión logramos activar o máximo de enerxía para conseguir posteriormente unha profunda relaxación.

Completarase e profundarase no traballo corporal de este curso con tratamentos corporais del Método Talmi.

El Método de Talmi, fundado por Alon Talmi, colega de Moshé Feldenkreis, traballa coa estrutura corporal con tratamentos chamados Integracións Funcionais(FI).

As Integracións Funcionais consisten en manipular, estirar, comprimir e masaxear o corpo, é dicir, mover músculos, articulacións, tendóns, liñas e conexións do corpo para ensinar ao sistema humano en su totalidad, cara novas posibilidades de moverse e comportarse.

Ademais da consciencia corporal que desenvolve, ten un efecto psicofísico.

Obxectivos:

O primeiro obxectivo de ambas técnicas é a consciencia corporal. Queremos cambiar actitudes, costumes corporais e mentais; significa aprender a experimentar novas posibilidades de moverse, de estar e de actuar; é decatarse que o corpo é o medio “instrumental“, é realizar e tomar a responsabilidade dos seus potenciais interpretativos e persoais; é perfeccionar e coidar a expresión corporal; é relaxarse e realizarse máis na súa propia estrutura.

Contidos, datas e duración:

Este obradoiro ten 20 horas de duración. Sábado 17 e domingo 18 de febreiro de 2018, de 10h a 14h e de 15h a 19h

Sábado, pola mañá:

Fase 1a: Primeira parte do adestramento SUZUKI.

Fase 1b: Experiméntase co Método Talmi, practicándoo por parellas.

Sábado tarde:

Fase 2a: Segunda parte do adestramento SUZUKI.

Fase 2b: Practícase outro tratamento do Método Talmi

Domingo pola mañá:

Fase 3: Únense as dúas partes do adestramento SUZUKI

Domingo tarde

Fase 4a: Practícase outro tratamento do Método Talmi

Fase 4b: Practícase o adestramento SUZUKI, terminando coa performance Suzuki completa.

A docente, Petra Hofmann

Licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramática de Munich (Diplomada en 2000). Traballou en teatros estatais e independentes en Alemaña. Logo formouse en Clown con Paco Gonzalez (Familie Flöez) en Ventrilocuismo con Stevo (Alemania), en técnicas de traballo físico para actores como o QiGong, TaiChi, Suzuki e Método Talmi que imparte dende o ano 2005.

Lugar:

Salón Teatro de Santiago de Compostela. Rúa Nova 34. Mapa:

https://goo.gl/maps/kSEhzg6pYQF2

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 20 prazas. Ao rematar o prazo de inscrición, no caso de haber máis solicitudes que prazas, adxudicaranse estas por sorteo, establecendo así mesmo unha lista de reserva ordenada.

Prezo:

Socixs AAAG e/ou AISGE: 60 euros

Se levas no paro 6 meses ou traballastes 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Teredes que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vosa vida laboral para accederdes a este desconto.

Non socixs: 90 euros

Os e as participantes deberán levar esterillas, mantas e coxín para practicar o adestramento, e roupa cómoda

Inscrición:

Desde o luns 29 de xaneiro ata o xoves 8 de febreiro ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina.

Se es socix da AAAG, so tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o venres 9 de febreiro. De haber máis solicitudes que prazas constituirase unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pago. No caso de que algunha das persoas admitidas non efectúe o pago nas datas indicadas a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro.