Obradoiro “Narrar co corpo, narrar coa palabra”. Impartido por Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle

Etiquetas:

Coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, presentamos este obradoiro de 20 horas, en 5 sesións de catro horas, para profesionais da escena (interpretes, executantes) no que a partires dun texto, ou calquera outro leitmotiv, escollido previamente por cada participante, teremos un pretexto para indagar nas posibilidades que desde o corpo e desde a palabra, ten ese fío narrativo. Trátase de explorar as posibilidades textuais, xestuais, espaciais e rítmicas como elementos de creación para a materialización do tema elixido.

Obxectivos:

Traballaremos sobre a percepción e comprensión das posibilidades das palabras, do xesto, do movemento no espazo, do ritmo e as súas pausas, como elementos de creación para a representación escénica.

Programa:

· Traballo postural.

· Procura da “calidade de movemento” no caso das accións que se realizan

· Adecuación do corpo ao espazo.

· Adecuación voz / corpo.

· Investigación coa voz e o corpo sobre as accións propostas .

· As accións e aos obxectos no texto.

Como proposta final do traballo, capturamos material audiovisual, visionando e analizando o mesmo, coa colaboración de Laura Iturralde, licenciada en Arte Dramática especialidade de Escenografía. Técnica Superior en Gráfica Publicitaria na Escuela de Arte de Salamanca, Técnica Superior en Imaxe pola EISV (Escola de Imaxe e Son de Vigo).

Os docentes

Imparten o curso Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle responsábeis de A Artística Teatro & Danza proxecto froito da fusión de A Factoría Teatro (Alfredo Rodríguez) e Disque Danza (Olga Cameselle) que abrangue creación e produción, formación, difusión e investigación no eido das artes perfomativas (linguaxe teatral e dancística) enmarcadas nas tendencias actuais. A Artística é un espazo aberto en Vigo dende o ano 2000 dedicado a propostas de creación, formación e investigación

Alfredo Rodríguez

Profesor de interpretación en A Artística Teatro & Danza, Vigo desde 2000,codirección de A Artística. Xestión e idea de 6 x 6 Punto de encontro.

Licenciado en ”Filosofía e Letras, Sección Ciencias da Educación. Especialidade en Pedagoxía Na Universidade de Salamanca. 1982-1987.Postgrao “Especialista en Arte Dramática Teoría e práctica da Interpretación”” Universidade De Santiago de Compostela, Facultade de Filoloxía Española e Francesa. 1997-1998. Magíster en “Xestión Cultural: Música, Teatro e Danza”, pola Universidade Complutense de Madrid, no Instituto Complutense de Ciencias Musicales. Funda A Artística Teatro e Danza e A Factoría Teatro.

Entre outras fai actor protagonista El triste Olor de la carne dirixida por Cristóbal Arteaga, Protagonista, Estreada na 48 ed. do Festival internacional de cine Karlovy Vari, Xullo 2013 Festival de cine de Ourense (Nominación especial do Xurado Como Mellor interpretación) novembro 2013

Olga Cameselle

Ámbito profesional Artes Escénicas e Performativas. Actividade pedagóxica relacionada coas artes escénicas e co corpo. Profesora de danza e traballo corporal e de movemento en A Artística Teatro & Danza, Vigo dende 2000. codirección de A Artística. Creación e difusión traballos coreográficos entre outros Verde a tempo completo, Alicia...

Coreógrafa, directora, intérprete e produtora de Disque Danza. Espectáculos producidos entre outros: Candanseu Chapeu, Menú Vexetal (dame verde), Des-memoria- 2,… Intervencións performáticas en: M.A.R.C.O., Kaldarte, Ano da Recuperación da Memoria Histórica (illa de San Simón), Danza e Tapas (Pontevedra), Presentación de Ecléctica Ensembel, Festival danza na rúa do Concello de Santiago de Compostela.

Con Dobre Xiro Danza: Coreógrafa, directora, intérprete e produtora.Espectáculos producidos entre outros Laradas, O2 Otres, 400 ASA, De meminas e soños…

Necesidades:

O alumnado deberá traer roupa cómoda, e o texto ou leitmotiv á traballar preparado.

Datas e duración:

O obradoiro ten unha duración de 20 horas, o sábado 26 de novembro de 10h a 14h e de 16h a 20h, o sábado 3 de decembro de 10h a 14h e de 16h a 20h e o domingo 4 de 10:00h a 14:00h

Lugar:

Sede de SGAE en Santiago de Compostela Rúa das Salvadas 2A, Parque Vista Alegre https://goo.gl/maps/Ubwr42i65W32

Prezo:

60 euros socixs da AAAG e/ou AISGE. 135 euros non socixs.

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 16 prazas As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Inscrición:

Desde o 9 de novembro ás 15:00h ata o 17 de novembro ás 15:00h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina.

Se es socix da AAAG, so tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o 18 de novembro ou antes no caso de cubrir todas as prazas. Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma de pago

No caso de non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro.