Laboratorio (texto e performance) con Nuno M. Cardoso

Etiquetas:

Co patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da Fundación SGAE a AAAG convoca este obradoiro a fin de semana do 7 e 8 de Maio en Santiago de Compostela

No seu sentido máis amplo, un texto pode ser calquera cousa preparada para ser lida. Isto é, interpretada. Pola súa banda, performance pódese referir a unha ampla gama de comportamentos humanos (falamos de actuacións nun contexto teatral, mais tamén de recoñecer o aspecto performativo da identidade en si propia e en todos os seus aspectos).

Malia que o obxectivo deste laboratorio pasa por ampliar e construír as múltiples posibilidades de lecturas, o enfoque necesariamente limitarase ás actuacións da arte pública, xa sexa no escenario ou na pantalla, dos textos –na súa maioría– escritos. Os citados textos inclúen textos dramáticos, monólogos, poesía falada ou instalacións. Tamén discursos políticos e outros materiais pertinentes.

A través do proceso de análise, animarase tanto á experimentación coma o desenvolvemento das capacidades e sensibilidades creativas, sen esquecer a resposta para estimular o crecemento artístico mediante a experiencia e a avaliación, individual e conxunta. Crearanse así accións/situacións con textos e outros materias recollidos, situacións escénicas organizadas determinadas polas propostas dramatúrxicas, diálogos creativos racionalizados e potenciados en grupo. Deste xeito, desenvolverase e estimularase a imaxinación e a creatividade dende o punto de vista escénico, das ideas e dos conceptos dramatúrxicos, promovendo a responsabilidade e a participación individual e colectiva.

Obxectivos:

Ao final deste Laboratorio, os participantes deberán ter primordialmente adquirido nocións para:

- Entender a importancia do texto no proceso performativo.

- Aplicar de forma práctica coñecementos de textos dramáticos.

- Crear unha performance a partir dun extracto de texto.

- Avaliar o proceso e o acto de creación do evento performativo.

A nivel secundario:

- Estudar a dramaturxia e procurar solucións de interpretación.

- Desenvolver a capacidade e dispoñibilidade para a experimentación e a procura dos seus límites artísticos, a través da utilización de textos dramáticos.

- Seleccionar e testar as implicacións escénicas dos materiais escollidos.

- Desenvolver as capacidades de escolla e decisión.

- Desenvolver a sensibilidade, a creatividade e o crecemento artístico.

- Coñecer e fundamentar perspectivas contemporáneas de creación e apreciación en teatro.

- Cuestionar construtivamente as solucións que xurdan, permitindo que estas evolucionen.

- Recoñecer mecanismos corporais de imaxinación e memoria para a construción, a análise e a interpretación teatral.

- Desenvolver capacidades específicas ao traballo teatral: dicción, expresividade, dominio físico, orixinalidade e creatividade, concentración, xenerosidade, capacidade de asimilar as indicacións, capacidade de encontrar solucións.

- Desenvolver hábitos de reflexión sobre as capacidades artísticas e recoñecer os baleiros a encher.

Programa

- A performatividade dos textos.

- A heteroxeneidade do texto dramático.

- A performatividade de textos non dramáticos.

- Lectura, análise e interpretación dramatúrxica de textos dramáticos e non dramáticos.

- Construción de momentos escénicos e dun evento performativo baseado nun texto.

Avaliación

- Avaliación do proceso e produto performativo.

- Avaliación colectiva.

O docente (curriculo en português)

Nasceu no Porto enm 1973, Nuno M. Cardoso é encenador, diretor artístico, profesor e actor.

Mestrado de Teatro – Ramo Encenação na Escola Superior de Teatro e Cinema. Curso Internacional Itinerante de Aperfeiçoamento Teatral da École des Maîtres. Frequência da Licenciatura em Matemática e Ciências da Computação da Universidade do Minho.

Diretor Artístico do Cão Danado e Companhia, assessor Direção Artística do Teatro Nacional São João. Foi Consultor de Programação das Artes Performativas de Guimarães 2012 Capital Europeia da Cultura.

Encenou textos de autores como Ésquilo, Eurípides, W. Shakespeare, J. W. Goethe, G. E. Lessing, F. Schiller, G. Büchner, Alfred Jarry, B. Brecht, M. Bulgakov, Karl Kraus, Frank Wedekind, Apollinaire, Samuel Beckett, Ingmar Bergman, R. W. Fassbinder, Bernard-Marie Koltès, Heiner Müller, Peter Handke, Stig Dagerman, Lars Norén, James Joyce, Wole Soyinka, Martin Crimp, Falk Richter, Sheila Callaghan, Fernando Pessoa, Luís de Sttau Monteiro, Miguel Torga, Al Berto, Mickael de Oliveira, Marta Freitas, José Maria Vieira Mendes, Tiago Rodrigues, Jorge Palinhos, Jorge Louraço Figueira, Cláudia Lucas Chéu, Jacinto Lucas Pires, Pedro Eiras.

Como ator trabalhou com os encenadores Ricardo Pais, Nuno Cardoso, Giorgio Barberio Corsetti, Jean-Louis Martinelli, Cláudio Lucchesi, Rogério de Carvalho, Manuel Sardinha, António Durães, Paulo Castro, José Carretas, Marcos Barbosa, António Lago e os realizadores Manoel de Oliveira e Saguenail Abramovici.

É professor convidado na Licenciatura em Teatro da Universidade do Minho, na Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo e no Balleteatro.

Datas e duración:

O obradoiro ten unha duración de 16 horas, en horario de 10h a 14h e de 16h a 20 h o sábado 7 e domingo 8 de maio.

Lugar:

Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela Rúa das Salvadas 2A. http://goo.gl/maps/LO3pb.

Prezo:

50 euros socixs da AAAG e/ou AISGE. 100 euros non socixs

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 20 prazas. A admisión realizarase por orde de inscrición.

Inscrición:

Ata o martes 3 de maio, ás 00:59h.utilizando o cadro de inscrición da cabeceira desta páxina. No caso de seres socio da AAAG, iniciando sesión na páxina, só terás que premer "inscribirme nesta actividade". Noutros casos terás que completar a información solicitada.

Reserva praza e forma de pago:

Comunicarase a listaxe de admisión o mércores 4 de maio. Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma de pago.No caso de non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro.