Co patrocinio da Fundación AISGE e coa colaboración da Fundación SGAE presentamos este obradoiro do 28 ao 31 de outubro en Santiago de Compostela

Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Co patrocinio da Fundación AISGE e coa colaboración da Fundación SGAE presentamos este obradoiro do 28 ao 31 de outubro en Santiago de Compostela
En colaboración co FETEGA (Festival de Teatro Galego do Carballiño) e co patrocinio Fundación AISGE, presentamos este taller de 12 horas facilitado pola psicóloga e actriz Nekane Fernández, que terá lugar no Carballiño a fin de semana do 24 e 25 de agosto
En colaboración coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e co patrocinio da Fundación AISGE presentamos este taller de 12 horas dirixido a intérpretes profesionais, que terá lugar do 19 ao 21 de xullo dentro da programación da MIT
En colaboración coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e co patrocinio da Fundación AISGE presentamos este taller de 15 horas, que terá lugar do 22 ao 24 de xullo dentro da programación da MIT.
Baixo o patrocinio da Fundación AISGE e coa colaboración da AGADIC-Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura, convocamos este obradoiro do 3 ao 6 de xuño en Santiago de Compostela
Dirixido a profesionais da interpretación e da escena, neste taller traballarase especificamente arredor das características concretas da profesión en relación á comunicación pública, tanto para mellorar a eficacia da mesma como para acadar o maior nivel de inclusividade posible. Contamos co inestimable patrocinio da Fundación AISGE para a realización deste obradoiro.
Laila Ripoll tratará míticas formulacións propias da fantasía. Achegarse a estes personaxes con absoluta liberdade, investigar, buscar polos carreiros da imaxinación e nutrir o noso imaxinario para chegar a construílos coa máxima riqueza, será o obxectivo do taller. Colaboramos coa MIT Ribadavia e contamos co inestimable patrocinio da fundación AISGE para a realización deste obradoiro.
Este taller quere ser un marco de aprendizaxe, adestramento e investigación para todos aqueles que desexen enfrontarse ao reto de crear o seu propio traballo, facendo especial fincapé na acción e o movemento como ferramentas fundamentais nos procesos de creación do/a actor/actriz.
Este taller dirixido a actores/actrices, directores/as e dramaturgos/as é unha oportunidade para achegarse a procesos de creación colectiva onde o actor ou actriz ten un rol fundamental, xa que ha de xerar e organizar o material escénico traballando desde a súa individualidade, os seus referentes e a súa visión do mundo.